![]() |
|
|||||||||||||||||
|
GMG |
IN MEMORIAM | |||||||||||||||||
Grupo de Investigación en Micoloxía |
Villaviciosa,1945/Vilagarcía de Arousa,1999
Nace en Villaviciosa (Asturias), no ano 1945 e vive en Vilagarcía de Arousa desde os 31 anos. Estuda Farmacia na Universidade Complutense de Madrid, onde tamén acada o título de doutor no ano 1973, coa defensa da Memoria pública "Estudio biosistemático del género Moricandia D.C.: morfología, ecología, corología, citotaxonomía y quimiotaxonomía", dirixida polo profesor S. Rivas Goday. Tras desempeñar diversos cargos na mesma universidade, en 1975 gaña por oposición a praza de Colaborador Científico do CSIC na especialidade de "Citotaxonomía Vexetal", con destino no Real Xardín Botánico de Madrid. Realiza varias estancias fóra (París, Perú e Bolivia, entre outros lugares) e dirixe traballos de investigación en xéneros coma Reseda, Centaurea, Leucanthemopsis, Teucrium, Thymus, etc. En 1981, pide a excedencia e trasládase a Vilagarcía de Arousa, para facerse cargo da farmacia familiar pero, continúa a estar ligado á botánica ben mediante colaboracións con membros do Real Xardín Botánico de Madrid, ben participando nas expedicións que este centro organiza e, inclusive sendo asesor da obra Flora Ibérica. En Vilagarcía continúa a manter o seu propio herbario e participa na creación de numerosas asociacións de diversa índole, entre as que destacan o Grupo Botánico Galego, o Grupo Micolóxico Galego e a agrupación micolóxica A Cantarela. Tempo despois, élle diagnosticada unha grave enfermidade e, practicamente convertido en médico de si mesmo, vive con notable ilusión e entusiasmo cinco anos máis que lle permiten realizar numerosas campañas de campo, recoletar abundante material, publicar traballos científicos e saborear intensamente os respiros que a enfermidade lle concede. A súa inquietude intelectual levávao a estudar e investigar calquera problema, pero, polo contrario, non tiña o afán inmediato de publicar os resultados; contentábase con explicarllos de viva voz a quen estivese interesado. Eran sen dúbida dúas das súas máis peculiares facetas: inquietude investigadora e xenerosidade intelectual (...)
SANTIAGO CASTROVIEJO Madrid 20-IX-1999 Anales del Jardín Botánico de Madrid, 57(1)
|
|||||||||||||||||
©Grupo Micolóxico GalegoApdo. 3083 (E-36200-Vigo) |