![]() |
|
|||||||||||||||||
|
GMG |
IN MEMORIAM | |||||||||||||||||
Grupo de Investigación en Micoloxía |
Luis Cabo Rey
Padrón,1925/Santiago de Compostela,2005
Naceu a finais do primeiro cuarto do século XX, en Padrón. Vila onde pasou toda a súa xuventude e da que nunca chegou a desvincularse. Foi neste entorno rural onde comezou a identificar e apañar algúns cogomelos comestibles, acostumaba a decir que “el era dos afeccionados á micoloxía que co tempo pasara da tixola ao microscopio”. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago, onde tamén se especializou en Cirurxía de Corazón e Pulmón, para así poder enfrentarse á doenza que naquela época provocaba tantos problemas, a tise, probablemente, segundo as súas palabras, condicionado polos estragos que tan de preto lle tocaran. Despois de pasar un tempo no País Vasco, exercitándose profesionalmente, casou en Santiago, onde se estableceu, criou ós seus 5 fillos e viviu ata o seu pasamento. A natureza sempre exerceu sobre el unha certa fascinación, primeiro intercalando as temporadas de pesca coas de apaña de cogomelos. Logo tamén no seu xardín de Adoufe. Sen embargo, co tempo foi o mundo da Micoloxía o que máis atraeu a súa atención. Así, comezou a fotografar e identificar cogomelos, e non só a recollelos para comer. Produto desta afección é a magnífica colección de diapositivas, identificadas e ordenadas que deixa, maiormente de pequenos macromicetos (helotiais e mixomicetos), que rara vez alcanzan o centímetro de diámetro. “Cando empecei a identificar setas tiña un libro con 50 debuxos e todas as que atopaba no campo estaban nel. Agora teño algo máis de 50 libros e atopo setas que non están en ningún”. Posteriormente, a través das Campañas de Flora Micológica Ibérica, estableceu relacións co Jardín Botánico de Madrid, e centrou a maior parte da súa investigación nos Myxomycetes, como se reflicte nos traballos publicados ó longo dos últimos 15 anos (...)
MARISA CASTRO |
|||||||||||||||||
©Grupo Micolóxico GalegoApdo. 3083 (E-36200-Vigo) |