GMG

IN MEMORIAM
HISTORIA

quen somos

in memoriam

ACTIVIDADES
saídas micolóxicas
colaboracións
revista MYKES
instrucións aos autores
contidos
suscrición
MICOMUNDO
os cogomelos
decálogo do apañador
ficha de campo
investigación
RECOMENDAMOS
ENLACES

Grupo de Investigación en

Micoloxía

 

Luis Freire García

 

A Coruña, 1914/Vigo,1997

 

   Exerceu a profesión de practicante e aos 51 anos, xa viuvo, decide estudar unha carreira universitaria. O seu amor e afección ao medio natural inclínano por Ciencias Biolóxicas, carreira na que se licencia e gradua no ano 1975. Sen embargo, a actividade de Luis Freire como naturalista comeza no ano 1950, da man de D. Fermín Bescansa. Pero o seu nome non se asocia publicamente á micoloxía galega e aos departamentos de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela (Biolóxicas e Farmacia) ata 1977. É no de Farmacia onde fai a Tese Doutoral sobre "Macromicetos de la Selva Negra, Santiago", baixo a dirección do Dr. Losa Quintana. Ao mesmo tempo codirixe 5 Teses de Licenciatura sobre flora e micoloxía de Galicia e imparte clases na Facultade de Bioloxía, simultaneando este traballo coa dirección da Residencia Universitaria compostelana "Burgo das Nacións". Publicou máis de 40 artigos, 4 libros, participou en medio centenar de congresos e dirixiu 8 tesinas e 2 teses doutorais sobre o tema.

   Luis Freire foi membro fundador da Sociedade Galega de Historia Natural, do Grupo Botánico Galego, do Grupo Micolóxico Galego e da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.

   A súa formación humanística, case renacentista levouno a relacionarse culturalmente con diversos personaxes e estudosos galegos, entre os que cabe sinalar a Isidoro Millán (lingüista), Uxío Novoneyra (poeta), Luis Monteagudo (arqueólogo), Pucho Ortiz (pintor), Miguel González (escritor), Fernando Alonso Romero (filólogo e etnógrafo), ...

Desenvolve unha grande labor científica, nun período relativamente curto de tempo, dende 1975 ata o seu pasamento (o que queda reflectido na existencia de artigos póstumos). Como produto destes 22 anos de investigación formouse un grupo de estudosos da micoloxía galega do que foi, e será, o seu mestre.

   Paralelamente ao seu labor científico, recorre Galicia para divulgar o coñecemento dos cogomelos e das plantas, tanto en charlas, conferencias e cursiños, como en libros.

©Grupo Micolóxico Galego

Apdo. 3083 (E-36200-Vigo)