GMG

¿Que son os Cogomelos?
HISTORIA

quen somos

in memoriam

ACTIVIDADES
saídas micolóxicas
colaboracións
revista MYKES
instrucións aos autores
contidos
suscrición
MICOMUNDO
os cogomelos
decálogo do apañador
ficha de campo
investigación
RECOMENDAMOS
ENLACES

Grupo de Investigación en

Micoloxía

Aínda que de xeito popular os termos cogomelo e fungo son confundidos e empregados indistintamente, estes non son sinónimos. Dende o punto de vista científico, denomínase fungo a un organismo uni ou pluricelular, heterótrofo (incapaces de sintetizar materia orgánica), carente de clorofila e que se reproduce mediante esporas; o cogomelo (micoloxicamente, carpóforo) é, en realidade, a estructura que soporta as estructuras reproductoras de determinados fungos, por así decilo "o froito". O cogomelo sería unha parte do fungo que ademais, non está presente en todos eles.

Os fungos están formados por un conxunto de filamentos microscópicos (hifas) que se fan visibles cando se xuntan moitas delas, formando o micelio ou "branco de fungo" pois, xeralmente, adopta esta cor.

Os fungos divídense en dous grandes grupos atendendo o tipo de estructuras reproductoras que presentan: 

  • Ascomicetos: as esporas prodúcense no interior dunha especie de saquiños denominados ascas.

  • Basidiomicetos: as esporas prodúcense na parte externa dunha células en forma de maza (os basidios), que teñene unhas prolongacións apicais denominadas esterigmas.

 

Macroscopía

 

Os ascomicetos presentan unha gran variabilidade morfolóxica, como pode observarse nos seguintes exemplos.

Aleuria aurantia 

Bisporella citrina 

 

Cordyceps capitata 

Helvella queletii 

 

Polo seu aspecto externo os basidiomicetos poden dividirse en dous grandes grupos:

  • Gasteromicetos: O himenio é interno e só se libera cando as esporas están maduras. Algunhas especies son hipoxeas, como as trufas, e outras crecen sobre a terra adoptando formas do máis variable.

  • Himenomicetos: O himenio esta exposto durante a maduración das esporas, e pode estar sobre superficies de distintas formas: láminas, tubos, pregues, aguillóns, etc...

 

Algúns exemplos de Gasteromicetos

Clathrus ruber

Bovista plumbea

 

 

Geastrum triplex

Mutinus caninus

 

 

Algúns exemplos de Himenomicetos

Laetiporus sulphureus

Polyporus brumalis

 

 

Russula torulosa

Chlorophyllum brunneum

 

En calquera dos casos anteriores é necesario facer unha descripción detallada de toda-las partes do cogomelo

 

Píleo ou sombreiro

Débese observar a súa forma (cónico, convexo, plano, etc...), a súa cor, se ten copos, escamiñas, fibras, e como se dispoñen, etc...

Píleo campanulado de Amanita crocea

Píleo globoso de Leucocoprinus cepaestipes

 

 

Píleo plano-convexo de Descolea maculata

Píleo con escamas e fibras de Macrolepiota fuliginosa

 

 

Estipe ou pé

Débese observar a súa forma (cilíndrico, bulboso, etc...), a súa disposición con respecto o píleo, se presenta anel e/ou volva,...

Estipe cilíndrico e con volva de Volvariella gloiocephala

Estipe reducido de Crepidotus sp.

 

Estipe con anel doble de Macrolepiota procera

 

 

Himenio

O himenio esta situado habitualmente debaixo do píleo, e nel débese observar sua morfoloxía xeral (láminas, poros, aguillóns, liso, etc..), a sua cor, se segrega algún tipo de látex, etc...

Láminas de Agaricus sp.

Himenio liso de Craterellus cornucopioides

 

 

Himenio con aguillóns de Sarcodon sp.

Himenio con poros de Xerocomus sp.

 

 

Caractéres organolépticos e Bioquímicos

Os caracteres organolépticos (cheiros, sabores,..) asi coma os cambios de cor o roce ou corte deben anotarse no campo xa que normalmento son moi fugaces.

Xa no laboratorio compróbanse as reaccións en presencia de determinadas sustancias químicas.

Reacción o fenol de Amanita crocea

Reacción de Schaeffer positiva nun Agaricus sp.

 

 

Microscopía

 

ESTRUCTURAS REPRODUCTORAS 

Os fungos divídense en dous grandes grupos atendendo o tipo de estructuras encargas de producir as esporas.

  • Ascomicetos: as esporas prodúcense no interior dunha especie de saquiños denominados ascas. Normalmente dentro de cada asca hai 8 esporas, pero en ocasións poden ser 4, 16, etc...

  • Basidiomicetos: as esporas prodúcense na parte externa dunha células en forma de maza (os basidios), que teñene unhas prolongacións apicais denominadas esterigmas. Habitualmente producense 4 esporas por basidio (basidios tetraspóricos) pero as veces soamente aparecen 2 (basidios bispóricos), e mais raramente 1, 3, ou mais de 4.

Ascas

 

 

Basidios

 

esporas

Son as unidades de propagación encargadas de dar orixe a un novo individuo. Teñen unha función análoga as sementes das plantas. Os caracteres mais importantes a observar son a forma, tamaño, cor, ornamentación, reccións bioquímicas (caracter amiloide, dextrinoide, metacromático, etc...).

Esporas metacromáticas de Macrolepiota

Esporas dextrinoides de Leucoagaricus

 

 

Esporas nodulosas de Inocybe

Esporas ornamentadas de Lactarius

 

Cistidios e paráfisis

Son elementos esteriles terminais, normalmente no himenio. En ascomicetos denomínanse paráfisis ou parafisos e en basidiomicetos cistidios. Seguindo a súa situación diferencianse pleurocistidios (situados no filo das láminas), queilocistidios (situados na arista das láminas), pileocistidios (situados na superficie do píleo), etc....

Poden ter formas e tamaños moi distintos dependendo do grupo taxonómico estudiado, e nalghúns grupos poden non estar presentes.

Queilocistidios de Lactarius turpis

Pleurocistidios de Pluteus cervinus

 

 

Queilocistidios de Leucocoprinus cepaestipes

Queilocistidios de Macrolepiota

 

pelis

A pelis (ou cutícula) é a parte mais externa do píleo (pileipelis) ou do pé (estipitipelis). A forma, tamaño, e disposición dos elementos das pelis son caracteres moi importantes a hora de diferenciar xéneros e especies.

Pelis tipo epitelio de Cystoderma

Pelis tipo himenodermis de Chlorophyllum

 

 

Pelis tipo cutis de Pluteus

Pelis tipo ixocutis de Russula

 

Outros caracteres

Outros caracteres que tamén se estudian son por exemplo: a presencia de fíbulas, tipo de trama das láminas, características do velo, etc...

Queilocistidio con fíbula basal de Chlorophyllum brunneum

Velos con esferocistos de Amanita

 

 

 

©Grupo Micolóxico Galego

Apdo. 3083 (E-36200-Vigo)