Decálogo do apañador

1º. Recoller só cogomelos en bo estado


2º. Para estudo apañar 2 ou 3 exemplares: un xoven, outro maduro e un adulto



3º. Non apañar exemplares vellos nin recén brotados


4º. Empregar unha navalla e depositalos nun recipiente duro (cesta, caixa de cartón, ...)


5º. Exemplares completos recollidos con coidado


6º. Rexistrar o hábitat e a localización do cogomelo recollido, así como o nome do apañador


7º. Procurar que as mostras non se aplasten entre si


8º. Evitar a contaminación entre especies


9º. Non estragar os cogomelos que non se precisen


10º. Ante a mínima dúbida, non consumir