O Grupo Micolóxico Galego "Luis Freire" convoca a primeira edición dos Premios Luis Freire de Micoloxía, unha iniciativa dirixida a centros educativos públicos co obxectivo de achegar a micoloxía á mocidade e fomentar o interese polos fungos desde os ámbitos científico, creativo e educativo.
O certame está aberto a alumnado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional, e contará con diferentes modalidades de participación relacionadas coa divulgación, a creación artística e a investigación micolóxica.
Nesta sección poderá consultarse toda a información relacionada coa convocatoria, incluíndo as bases, calendario, documentación e formulario de inscrición.
I PREMIOS LUIS FREIRE DE MICOLOXÍA — Curso académico 2026–2027
Achegar a micoloxía á mocidade e fomentar o interese polos fungos desde o punto de vista científico, creativo e educativo.
Pode participar alumnado de:
Cada grupo presentará un único proxecto, coordinado polo persoal docente responsable, que será o contacto coa organización.
Todo o alumnado e profesorado recibirá diploma. Haberá diploma especial para os gañadores/as.
Haberá unha única categoría con tres opcións:
Prazo: ata o 30 de outubro de 2026. Enviar unha ficha por grupo ao correo grupomicoloxicogalego@gmail.com ou mediante o formulario web.
Os traballos deben ser orixinais e inéditos. Poden presentarse en formato físico ou dixital. A organización poderá rexeitar proxectos que non cumpran as bases.
Haberá dúas revisións:
O profesorado responsable comunicará os avances. Haberá asesoramento por correo electrónico. A supervisión correrá a cargo do equipo de micoloxía do GMG ou de persoas por este designadas.
Realizarase unha xornada presencial de entrega de premios. Os proxectos difundiranse nas redes sociais do GMG. As publicacións deben incluír o Logotipo GMG "Luis Freire" e o hashtag #PremiosLuisFreire2627. Os traballos gañadores publicaranse na revista Mykes.
Os datos persoais trataranse de forma confidencial e só para a xestión e difusión do concurso, segundo a normativa vixente.
Formulario dispoñible proximamente.
Mentres tanto, podes enviar a túa inscrición ao correo grupomicoloxicogalego@gmail.com.