25 Anos

Aquí deixamos testestemuña da nosa fantástica viaxe de 25 anos pola nosa xeografía, incluíndo algunhas saídas a Zamora e León, e en maior grao ao noso querido país irmán, Portugal.

Como se pode ver no mapa, as visitas realizáronse principalmente en Galicia, aínda que tamén cubriuse algo de Portugal, sobre todo nas zonas próximas a Galicia (Distrito de Caminha, Tras os Montes, etc.). Ademáis leváronse ao cabo saídas moi puntuais ás zonas de Zamora e León (Puebla de Sanabria e Ancares). En Galicia existen na actualidade 313 Concellos. Deles 93 pertencen á Coruña, 67 a Lugo, 92 a Ourense e 61 a Pontevedra. A superficie de Galicia é de 29 574 000 m 2 , quedando repartidos como segue: A Coruña 7 950 000, Lugo 9 856 000, Ourense 7 273 000 e Pontevedra 4 495 000 m 2 . Na táboa 1 pódense ve-lo número de saídas realizadas e os concellos visitados, coa superficie en metros cadrados e as porcentaxes correspondentes.

Táboa 1.

Como se pode observar na táboa 1, as saídas foron numerosas, sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense. En xeral non se supera o 50% dos concellos existentes, o que significa que se visitaron de forma máis exhaustiva algúns deles. Os concellos que máis se exploraron por provincias son: Folgoso do Courel, en Lugo con 8 visitas; Cangas do Morrazo, en Pontevedra, con 6 visitas; Vilariño de Conso en Ourense, con 5 e os de Pontedeume, Carballo e Ribeira, na provincia da Coruña, con 3 visitas cada un. Non obstante, o interese micolóxico destas zona convida a seguir visitándoas nas diferentes estacións do ano.

En tódalas provincias quedan polo tanto interesantes lugares por visitar. En Ourense, as Terras de Celanova, Muíños, Baltar, o Val de Laza, Verín ou a comarca do Carballiño. En Lugo, as fronteiras con Asturias dende A Fonsagrada e Negueira de Muñiz, ata a parte máis setentrional da zona de Taramundi e A Pontenova. Tamén en Lugo, a Serra de Meira e a Terra Chá merecen a nosa futura atención. Na provincia da Coruña quedan algunhas zonas pouco visitadas, como son as Terras de Melide, Sobrado dos Monxes, Ordes e o Alto Tambre. En Pontevedra proponse unha maior atención á Terra de Montes, Caldas de Reis e o Val de Moaña. En calqueira caso, pódese consultar o mapa de visitas, para completa-las exploracións.

HÁBITATS VISITADOS

Estableceuse unha caracterización para trata-los datos das comunidades vexetais exploradas, aínda que hai que ter en conta que en Galicia, moitas destas comunidades mestúranse e constitúen formacións mixtas (eucaliptal-piñeiral, matoqueira-piñeiral, etc.), por elo en moitos casos as visitas incluían a inspección de diferentes hábitats. Como se pode observar na táboa 2, nas catro provincias galegas visitaronse 16 tipos de comunidades vexetais.

HÁBITATS C LU OU PO Nº VISITAS
Bidueiral 1 2 3 0 6
Carballeira 6 21 25 11 63
Dunas 7 1 0 2 10
Encinar 0 0 2 0 2
Eucaliptal 1 4 0 1 6
Faial 0 9 0 0 9
Laurisilva 0 0 0 1 1
Matogueira 7 0 5 5 17
Pinar 18 6 12 7 43
Pinares dunares 5 0 0 11 16
Plant. ornamental 0 0 0 2 2
Prado/pastizal 1 3 2 0 6
Ripisilva 10 10 2 10 32
Sobreiral 1 0 0 4 5
Souto 0 12 6 0 18
Teixedal 0 0 1 0 1
TOTAIS 57 68 58 54 237

Táboa 2.

Na gráfica da táboa 3 pódese ver, por provincias, os tipos de formacións visitadas e a concidiencia da vexetación dominante en cada unha delas; as carballeiras en Ourense e Lugo, os faiais en Lugo, o aciñeiral en Ourense e as dunas na Coruña e Pontevedra.

Táboa 3.

En Galicia, como é normal, a comunidade máis visitada é a carballeira, é dicir, a formación dominada por Quercus robur, con maior ou menor diversidade de especies arbóreas e herbáceas acompañantes. A continuación lle seguen os piñeirais, reflexo do cambio que sufriu o uso da nosa terra na segunda metade do século XX. Outra formación á que se lle fixo maior fincapé son os soutos de castiñeiros e bosques de ribeira ou ripisilvas, dominados por Alnus glutinosa, abeleiras, salgueiros, etc.Prestóuselle tamén atención especial aos ecosistemas dunares e os seus piñeirais asociados, que presentan unhas particulares condicións edafoclimáticas. Pódese observar que as comunidades de teixos, faias, loureiros e ornamentais foron as menos visitadas, dato a ter en conta para futuras saídas. Ata aquí este traballo, coa intención de seguir ampliando este mapa de visitas, coñecendo, protexendo e divulgando a realidade micolóxica e medioambiental de Galicia. Este é o compromiso do Gurpo Micolóxico Galego para os próximos 25 anos. Ou máis.