Os cogumelos

Aínda que de xeito popular os termos cogomelo e fungo son confundidos e empregados indistintamente, estes non son sinónimos. Dende o punto de vista científico, denomínase fungo a un organismo uni ou pluricelular, heterótrofo (incapaces de sintetizar materia orgánica), carente de clorofila e que se reproduce mediante esporas; o cogomelo (micoloxicamente, carpóforo) é, en realidade, a estructura que soporta as estructuras reproductoras de determinados fungos, por así decilo "o froito". O cogomelo sería unha parte do fungo que ademais, non está presente en todos eles.
Os fungos están formados por un conxunto de filamentos microscópicos (hifas) que se fan visibles cando se xuntan moitas delas, formando o micelio ou "branco de fungo" pois, xeralmente, adopta esta cor.
Os fungos divídense en dous grandes grupos atendendo o tipo de estructuras reproductoras que presentan:

  • Ascomicetos: as esporas prodúcense no interior dunha especie de saquiños denominados ascas.
  • Basidiomicetos: as esporas prodúcense na parte externa dunha células en forma de maza (os basidios), que teñene unhas prolongacións apicais denominadas esterigmas.

Os ascomicetos presentan unha gran variabilidade morfolóxica, como pode observarse nos seguintes exemplos.

foto de Aleuria aurantia

Aleuria aurantia

foto de Bisporella citrina

Bisporella citrina

foto de Cordyceps capitata

Cordyceps capitata

foto de Helvella queletii

Helvella queletii

Polo seu aspecto externo os basidiomicetos poden dividirse en dous grandes grupos:

  • Gasteromicetos: O himenio é interno e só se libera cando as esporas están maduras. Algunhas especies son hipoxeas, como as trufas, e outras crecen sobre a terra adoptando formas do máis variable.
  • Himenomicetos: O himenio esta exposto durante a maduración das esporas, e pode estar sobre superficies de distintas formas: láminas, tubos, pregues, aguillóns, etc...

Algúns exemplos de Gasteromicetos

foto de Clathrus ruber

Clathrus ruber

foto de Bovista plumbea

Bovista plumbea

foto de Geastrum triplex

Geastrum triplex

foto de Mutinus caninus

Mutinus caninus

Algúns exemplos de Himenomicetos

foto de Laetiporus sulphureus

Laetiporus sulphureus

foto de Polyporus brumalis

Polyporus brumalis

foto de Russula torulosa

Russula torulosa

foto de Chlorophyllum brunneum

Chlorophyllum brunneum

Píleo ou sombreiro: débese observar a súa forma (cónico, convexo, plano, etc...), a súa cor, se ten copos, escamiñas, fibras, e como se dispoñen, etc...

foto de Píleo campanulado de Amanita crocea

Píleo campanulado

foto de Píleo globoso de Leucocoprinus cepaestipes

Píleo globoso

foto de Píleo plano-convexo de Descolea maculata

Píleo plano-convexo

foto de Píleo con escamas e fibras de Macrolepiota fuliginosa

Píleo con escamas e fibras

Estipe ou pé:débese observar a súa forma (cilíndrico, bulboso, etc...), a súa disposición con respecto o píleo, se presenta anel e/ou volva,...

foto de Estipe cilíndrico e con volva de Volvariella gloiocephala

Estipe cilíndrico

foto de Estipe reducido de Crepidotus sp.

Estipe reducido

foto de Estipe con anel doble de Macrolepiota procera

Estipe con anel doble

Himenio: o himenio está situado habitualmente debaixo do píleo, e nel débese observar sua morfoloxía xeral (láminas, poros, aguillóns, liso, etc..), a sua cor, se segrega algún tipo de látex, etc...

foto de Láminas de Agaricus sp.

Láminas

foto de Himenio liso de Craterellus cornucopioides

Himenio liso

oto de Himenio con aguillóns de Sarcodon sp.

Himenio con aguillóns

foto de Píleo con escamas e fibras de Macrolepiota fuliginosa

Himenio con poros

Caractéres organolépticos e bioquímicos: os caracteres organolépticos (cheiros, sabores,..) asi coma os cambios de cor o roce ou corte deben anotarse no campo xa que normalmento son moi fugaces. Xa no laboratorio compróbanse as reaccións en presencia de determinadas sustancias químicas.

foto de Reacción o fenol de Amanita crocea

Reacción o fenol

foto de Reacción de Schaeffer positiva nun Agaricus sp.

Reacción de Schaeffer positiva

Os fungos divídense en dous grandes grupos atendendo o tipo de estructuras encargas de producir as esporas.

  • Ascomicetos: as esporas prodúcense no interior dunha especie de saquiños denominados ascas. Normalmente dentro de cada asca hai 8 esporas, pero en ocasións poden ser 4, 16, etc....
  • Basidiomicetos: as esporas prodúcense na parte externa dunha células en forma de maza (os basidios), que teñene unhas prolongacións apicais denominadas esterigmas. Habitualmente producense 4 esporas por basidio (basidios tetraspóricos) pero as veces soamente aparecen 2 (basidios bispóricos), e mais raramente 1, 3, ou mais de 4.

Ascomicetos

Basidiomicetos

foto de ascas
foto de ascas
foto de basidios
foto de basidios

Esporas: Son as unidades de propagación encargadas de dar orixe a un novo individuo. Teñen unha función análoga as sementes das plantas. Os caracteres mais importantes a observar son a forma, tamaño, cor, ornamentación, reccións bioquímicas (caracter amiloide, dextrinoide, metacromático, etc...).

foto de Esporas metacromáticas de Macrolepiota

Esporas metacromáticas

foto de Esporas dextrinoides de Leucoagaricus

Esporas dextrinoides

foto de Esporas nodulosas de Inocybe

Esporas nodulosas

foto de Esporas ornamentadas de Lactarius

Esporas ornamentadas

Cistidios e paráfisis: son elementos esteriles terminais, normalmente no himenio. En ascomicetos denomínanse paráfisis ou parafisos e en basidiomicetos cistidios. Seguindo a súa situación diferencianse pleurocistidios (situados no filo das láminas), queilocistidios (situados na arista das láminas), pileocistidios (situados na superficie do píleo), etc... Poden ter formas e tamaños moi distintos dependendo do grupo taxonómico estudiado, e nalghúns grupos poden non estar presentes.

foto de Queilocistidios de Lactarius turpis

Queilocistidios

foto de Pleurocistidios de Pluteus cervinus

Pleurocistidios

foto de Queilocistidios de Leucocoprinus cepaestipes

Queilocistidios

foto de Queilocistidios de Macrolepiota

Queilocistidios

Pelis: a pelis (ou cutícula) é a parte mais externa do píleo (pileipelis) ou do pé (estipitipelis). A forma, tamaño, e disposición dos elementos das pelis son caracteres moi importantes a hora de diferenciar xéneros e especies.

foto de Pelis tipo epitelio de Cystoderma

Pelis tipo epitelio

foto de Pelis tipo himenodermis de Chlorophyllum

Pelis tipo himenodermis

foto de Pelis tipo cutis de Pluteus

Pelis tipo cutis

foto de Pelis tipo ixocutis de Russula

Pelis tipo ixocutis

Outros caracteres: outros caracteres que tamén se estudian son por exemplo: a presencia de fíbulas, tipo de trama das láminas, características do velo, etc...

foto de Queilocistidio con fíbula basal de Chlorophyllum brunneum

Queilocistidio con fíbula basal

foto de Velos con esferocistos de Amanita

Velos con esferocistos